A corporación municipal da Pobra reuniuse onte nunha sesión extraordinaria na que só se debateu un punto, a aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2024. Un documento no que se superan os 9 millóns de euros con diferentes partidas como a de patrimonio, un incremento en conciliación, seguridade e benestar animal.

