A tenda Ecobarbanza situada no concello da Pobra do Caramiñal traballa unicamente con produtos naturais e que non xeren residuos ou que sexan os menores posibles. Isto aplícano en produtos de limpeza e en produtos cosméticos e de cuidado persoal como xabones, pastas de dentes ou champús. Elene Guimarey, unha das traballadoras da tenda emprendeu neste proxecto por unha vivenza persoal.

