Os estudantes de segundo do ciclo de Dietética do IES da Pobra do Caramiñal protagonizarán mañá unha xornada diferente na que serán protagonistas. O Teatro Cine Elma acolle a partir das 9.30 horas o primeiro Congreso de Estudantes de Dietética, unha iniciativa que xurdiu para que expoñan unha serie de traballos realizados no que vai de curso e para dar difusión e recalcar a importancia que ten a alimentación e do estilo de vida no desenvolvemento de patoloxías.

