Pobra Do Caramiñal

A REXENERACIÓN DA FACHADA MARÍTIMA DA RIBEIRIÑA CULMINARÁ NAS SEGUINTES SEMANAS

Poñer en valor a fachada marítima da Ribeiriña e eliminar elementos con impacto negativo na paisaxe. Estes eran dous dos obxectivos marcados nas obras de rexeneración da fachada marítima desta zona da Pobra do Caramiñal ao carón das antigas instalacións das fábricas La Onza de Oro e Hadas. Os traballos comezaron a pasada primavera grazas ao proxecto de recuperación impulsado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, obras que están na súa fase final e que esta mañá visitou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.