O fundador de Congalsa, Luis Simarro López, faleceu onte domingo aos 76 anos. O seu pasamento provocou unha fonda pena na firma, localizada na Pobra do Caramiñal, e no mundo empresarial da comarca. O emprendedor, natural de Madrid, apostou no 1990 por crear este proxecto empresarial no eido da alimentación co que deixou a súa pegada no Barbanza ao crear emprego e dinamizar a economía da contorna.

