O 2024 contará con novas apostas do Goberno municipal da Pobra do Caramiñal. Nesta ocasión están vencelladas ao día dos Namorados, que se celebra o vindeiro 14 de febreiro. Os departamentos de Cultura e Mocidade pobrenses déronlle unha volta a esta celebración en forma de concurso co que buscan a implicación da xuventude na cultura.

