A borrasca Hipólito deixou paso á chegada de Irene, que inicia o seu paso por Galicia e pola comarca con alertas por ventos e por choiva. Dende hoxe está activada a alerta amarela na costa por forte vento que pode chegar á forza 7 e por mar combinada de ata 5 metros, segundo se recolle na Axencia Estatal de Meteoroloxía. Os servizos de emerxencia xa teñen programados os operativos para atender as incidencias que se poidan presentar.

