A quinta edición do Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía vai desvelando información e esta mañá o xurado do certame, presidido polo doutor José Ramón González Juanatey, deu a coñecer á gañadora. A investigadora Ana Belén Cid Álvarez lévase esta nova edición do premio que ten unha dotación económica de 30.000 euros e un galardón acreditativo que recibirá da man do mecenas Ramiro Carregal nas vindeiras semanas.

