A corporación municipal da Pobra aprobou este xoves no pleno ordinario unha moción presentada polo PP para mostrar o seu apoio ao sector do mar. Contou cos votos favorables de Nós Pobra, VIXP e PP e tamén do BNG que engadiu unha emenda que non saíu adiante.