A Pobra busca atraer á xente ao seu comercio e contará cunha nova iniciativa enmarcada na campaña “Consigue Caramiñas, comparte Nadal”. Nesta ocasión as protagonistas serán as redes sociais e numerosos sorteos que irán acompañados de premios moi atractivos para os participantes.