O problema coa fibra é dabondo coñecido nas zonas rurais galegas. En Lousame, a veciñanza de Fruíme estivo máis de dúas semanas sen servizo de telefónico. Unha situación que se estende a moitas parroquias que aínda están pendentes da instalación como Tállara.