Este sábado 11 de novembro dará comezo a XIV edición da Mostra de Teatro de Aguiño, unha cita organizada pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño. Nela participan catro compañías de teatro afeccionado de Galicia que amosarán sobre as táboas do Conservatorio de Aguiño. As representacións desenvolveranse os sábados dende o día 11 ao 2 de decembro a partir das 20.00 horas.