Lousame acollerá este xoves unha nova edición do Día do Peón. Este xoves a partir das 11.00 horas o campo da festa de San Roquiño encherase de persoas no acto central unha celebración que cumpre este ano a súa XVII edición. Unha actividade que organiza Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional en colaboración co Concello de Lousame e o CPI Cernadas de Castro.