O pasado xoves poñía punto e final a campaña marisqueira máis curta de Noia. A extracción de berberecho e ameixa estivo aberta menos de dúas semanas pola falta de recurso provocada por unha sucesión de circunstancias. Unha das máis notables foi a alta mortaldade provocada en xaneiro pola baixa salinidade da auga. Este peche provoca a detención dunha actividade que dá traballo a máis de 1.500 mariscadores polo que o BNG levará diferentes iniciativas ao Parlamento galego.