Esta mañá sobre as 10.25 o servizo de Salvamento Marítimo recibiu unha alerta no Centro de Coordinación de Fisterra: un pesqueiro quedara encaiado nunhas rochas fronte ao Monte Louro. Un barco de baixura adscrito á confraría de Noia, o Nuevo Abeijón, faenaba na zona do Neixón cando embarrancou. Os catro tripulantes que ían a bordo puxéronse a salvo subindo a unhas rocas, onde tiveron que agardar a chegada do Pesca I que os trasladou ao hospital comarca en bo estado de saúde.