O mantemento dos centros escolares dos municipios é unha tarefa constante. No caso da Pobra do Caramiñal, o equipo de brigada dos colexios estivo traballando na mellora da escola unitaria da Granxa, onde se actuou en diferentes ámbitos seguindo as peticións do equipo docente.

