Ribeira

FABIOLA GARCÍA DENUNCIA A INACCIÓN DO GOBERNO DE RIBEIRA Á HORA DE PEDIR FINANCIAMENTO PARA A NOVA ESCOLA INFANTIL DE AGUIÑO

O pasado mes de maio a conselleira de Política Social, Fabiola García, confirmou ao anterior Goberno local de Ribeira a concesión dunha subvención para poñer en marcha unha nova escola infantil en Aguiño. García interveu onte no Pleno do Parlamento de Galicia, onde afondou na gratuidade das escolas infantís. A titular de Política Social mencionou o proxecto da escola infantil de Aguiño e sinalou que o Executivo local mantén parada a súa creación cando respondeu a unha pregunta realizada pola nacionalista Iria Carreira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.