Trátase dunha residencia de 120 prazas, integrada na rede pública de Galicia e financiada pola Fundación Amancio Ortega, que esta mañá entregaba as chaves á Xunta. Este é un dos sete centros que a FAO porá a disposición do goberno autonómico e que sumarán 900 prazas e unha inversión total de 180 millóns de euros.

