O marisqueo está a vivir unha das súas peores épocas nas rías de Arousa e Muros-Noia. Hai apenas tres semanas deu comezo o libre marisqueo nas augas arousás cunha perspectiva moi negativa para os profesionais. Tras estas xornadas de traballo confirmáronse os malos presaxios polo que o sector pide o peche inmediato dos bancos do libre tras unha reunión entre as confrarías implicadas.

