Os problemas do transporte público son unha constante en Ribeira. O alcalde do municipio, Luís Pérez Barral, reuniuse o pasado mes de setembro coa empresa Monbus onde a concesionaria se comprometeu a cumprir unha serie de cuestións para mellorar o servizo. Onte, as veciñas de Castiñeiras que reuniron en abril máis de 3.000 firmas para mellorar o transporte, mantiveron unha xuntanza co rexedor ribeirense para buscar solucións a unha problemática que trae de cabeza aos usuarios do autobús.

