O presidente do goberno galego, Alfonso Rueda, xunto ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reuníronse esta mañá con tres sindicatos do sector educativo, CC.OO, UXT e Anpe para firmar un acordo de mellora no sistema en Galicia. Entre as novidades destaca a redución da carga burocrática e demais medidas que se aplicarán no próximo curso e que tamén buscarán facilitar a conciliación.




