Bailas? Con esta sinxela pregunta o Taller Alecrín invita á xente a unirse aos seus cursos regulares para aprender ou perfeccionar o seu estilo de baile. Uns obradoiros que se iniciaron esta semana e que percorrerán diferentes puntos da comarca dende xa ata finais de xuño.

