O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos destacou esta mañá as rebaixas fiscais que levan realizado o goberno galego durante máis dunha década. Trátase dun modelo xa consolidado e que nesta lexislatura aforrará aos galegos e galegas preto de 1300 millóns de euros.

