Un ano máis Congalsa, firma especializada en alimentación, participará en Conxemar. Por iso a empresa con sede na Pobra vén de lanzar unha nova campaña de promoción chamada Oído Congalsa a través da que busca poñer en valor as súas solucións e referencias orientadas á canle Horeca. E que comercializa coa súa marca Ibercook Food Service.

