O Punto de Atención á Infancia de Lousame retoma a súa actividade habitual. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, coñeceu o seu funcionamento de primeira man nunha visita na que estivo acompañada da alcaldesa do municipio, Teresa Villaverde, e da concelleira de Servizos Sociais lousamiá, Silvia Agrafojo.