O futuro do servizo de recollida de lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza está no aire. A concesión deste servizo caduca o vindeiro día 20 polo que o BNG de Muros e Noia urxe a convocatoria da xunta reitora para solucionar a situación e dar certezas aos seus 160 traballadores.

