A Xunta de Galicia ten en marcha os programas de bonificación de préstamos e microcréditos para facilitar o financiamento das iniciativas dos autónomos, das microempresas e das pemes

O director do Igape lembrou que a Xunta de Galicia está a impulsar a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 para procurar que as empresas, especialmente as Pemes, dean o salto cualitativo necesario para avanzar no ámbito da cuarta revolución industrial en curso. Salientou tamén a importancia de instrumentos como os servizos achegados polo programa Reacciona para avanzar en aspectos como a xeración de modelos e simulación industrial ou a posta en marcha de solucións 4.0 nas empresas.
Aguilera destacou que o programa ReAcciona pon a disposición das pemes un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o desenvolvemento estratéxico integral, a redefinición do modelo de negocio, a optimización de procesos de produción e cadea loxística, o relanzamento comercial, os protocolos de sucesión na empresa familiar ou a identificación de aliados e redes de cooperación.
Pola súa parte, a directora da Amtega afirmou que un dos obxectivos do Reacciona TIC é facilitar a pemes e autónomos a dixitalización do seu negocio e a aplicación de solucións industria 4.0 da man dunha rede de axentes colaboradores, integrada por empresas tecnolóxicas, que os asesorarán e os acompañarán en todo o proceso.
Mar Pereira destacou que, para conseguilo, o Programa ofrece un catálogo de servizos, a un prezo reducido.
Ademais a Xunta de Galicia ten en marcha os programas de bonificación de préstamos e microcréditos para facilitar o financiamento das iniciativas dos autónomos, das microempresas e das pemes. Tes ata o 31 de outubro para presentar a túa solicitude.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.