UN INCENDIO PRODUCIDO ESTA MADRUGADA DESTRÚE AS INSTALACIÓNS DE MADEIRA DESTE ‘CHIRINGUITO’ EMPRAZADO NA PRAIA DE O ROBALO
O ‘chiringuito’ de Aguiño, coñecido como ‘O Chiri’, quedou totalmente calcinado tras un incendio producido sobre as cinco e media desta madrugada. O bar emprazado pola praia de O Robalo foi devorado por un lume que precisou unhas tres horas de traballo por parte dos bombeiros de Ribeira e de Boiro