José Carlos Vidal leva pouco tempo como titular do Concello da Pobra do Caramiñal, un acontecemento que foi posible tras varios pactos e acordos que fixo que collera o bastón de mando nun goberno a catro con Nós Pobra, PSOE, BNG e VIXP. Agora xa ultima novos proxectos e obras.

