Un tapón para deter os vertidos da mina de San Finx. Este foi o último movemento de Ecoloxistas en Acción, ante a falta de resposta da Xunta. A próxima acción será mañá sábado coa gran mobilización nas propias minas de San Finx en Lousame ás 11 horas. Varios buses gratuítos partirán dende Noia ás 10:30 para volver defender este espazo natural.




