O auditorio do Museo Valle-Inclán acolle esta fin de semana unha nova edición do Simposio de Odontoloxía que se celebra na Pobra dende hai case dúas décadas. Este sábado vivirase a décimo sétima edición desta cita organizada por Atlantic Dental Institute enmarcado nas actividades de Dentsply Sirona Academy. Están todas as prazas cubertas polo que se xuntarán máis de 150 profesionais da odontoloxía para afondar nos avances dos tratamentos actuais.

