O pasado 6 de xuño comezou a ABAU, unha proba que finalizou o día 8 e cuxa nota xa coñecen os alumnos que se presentaron. Agora no mes de xullo, entre o 11 e o 13, será a quenda da fase extraordinaria. Finalizada esta segunda convocatoria, o futuro da proba de acceso á universidade estará no aire para o curso que vén. O Ministerio de Educación paralizou a aprobación do real decreto da nova proba que se ía implantar no curso 23-24 polas eleccións xerais do 23 de xullo.

