A Asociación Deloa impulsou o Ciclo Tecendo Cultura, no que numerosas temáticas foron tratadas ao longo da súa duración. Veñen de poñer o seu punto e final coa última parada realizada na Pobra, concretamente na Bodega Entre Os Ríos, cunha charla que levaba o título “O bo pan de cada día: comensalidade, cultura e comunidade”. Nela participou Domi Vélez, nomeado mellor panadeiro do mundo 2021 pola Unión Internacional de Panadeiros e Pasteleiros, e Lucía Freitas Chef da Tafona. Os dous trataron a importancia do pan na cultura galega.

