0 A praza do Centenario de Ribeira albergou esta mañá unha concentración simbólica da Confederación Intersindical Galega. Nesta ocasión, a CIG saíu ás rúas para expresar a súa oposición ao pacto social aprobado no pasado mes de maio.