Como cada 31 de maio hoxe conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco. Unha data sinalada para moitas persoas que fuman ou fumaron e queren deixar atrás este hábito. En Ribeira formouse un grupo de pacientes no que se traballa de forma conxunta para abandonar o tabaco.

