Lousame contará cunha rede de saneamento e unha depuradora de augas residuais que dará servizo a cinco núcleos do municipio. Así se fixo patente coa firma esta mañá do convenio entre a Xunta e o propio concello. As instalacións estarán emprazadas nunha parcela pola contorna da Roucheira, na zona do rego Pesqueira.