Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para elaborar unha guía informativa sobre os dereitos e obrigas das persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ocupadas ilegalmente. Con este paso, Rueda sinalou que se busca protexer aos propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal.

