No mes de setembro comezou a Primeira División Galega Feminina Arzúa Ulloa, unha competición na que se estreaba o Noia. Agora, oito meses despois, remata esta intensa temporada 22-23 para o cadro noiés. Unha campaña de aprendizaxe e crecemento da que as xogadoras adestradas por Alexandre Martínez acaban de despedirse cunha derrota ante o Atlético Arousana por 2-4.

