O Teatro Cine Elma foi o escenario onde o PP da Pobra do Caramiñal presentou a súa lista para a cita electoral do vindeiro 28 de maio. Manuel Durán volve a liderar unha candidatura na que se xuntan veteranía e caras novas coa que busca recuperar a maioría absoluta no municipio.

