Esta mañá tivo lugar a Comisión 5a de Sanidade do Parlamento galego onde o grupo socialista presentou unha proposición non de lei a través da que reclaman ao Goberno autonómico que cubra de inmediato, a tempo completo e continuado a praza de médico do centro de saúde de Corrubedo. O PSdeG sinalou que sen previo aviso eliminouse este servizo na parroquia de Ribeira, o que obriga aos veciños a desprazarse ao centro de saúde ribeirense. Situación pola que a veciñanza protestou con concentracións.




