Esta mañá a patronal conserveira Anfaco-Cecopesta entregou en Vigo as súas medallas. Un acto que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Na súa intervención, o titular do Goberno galego destacou o valor engadido que achega o complexo mar-industria no desenvolvemento de Galicia.

