Os veráns son unha data sinalada para a meirande parte da poboación e tamén para os nenos do Sáhara que agardan pasar este período en lugares con temperaturas menos extremas. En diferentes puntos da comarca desenvólvese o programa Vacacións en Paz para que familias abran o seu fogar a estes nenos. Ribeira acolleu onte unha charla informativa para que máis xente se sume a esta iniciativa.

