En febreiro a Xunta, a través de Augas de Galicia, anunciou a autorización do vertido de augas depuradas da Mina de San Finx á ría de Muros-Noia. Un feito que se atopou de fronte coa oposición dos miles de mariscadores e a veciñanza do lugar polas consecuencias que tería sobre o mar e o medio ambiente. Esta fin de semana amosaron diante de San Caetano o seu rexeitamento ao baleirado e á posible explotación da mina.