Logo da resaca emocional da pasada fin de semana polo ascenso do Cidade de Ribeira, volve a Primeira Galega. Os ribeirenses, que xogarán sen a habitual presión, queren celebrar a súa promoción á Preferente facéndose cos tres puntos ante o Baio. O Puebla intentará traer os tres puntos da súa visita ao Xallas mentres que a Esteirana defenderá no campo do Negreira os seus intereses.

