Esta fin de semana o Berberecho de Noia deu un paso de xigante cara a achegarse máis á permanencia na primeira división galega de baloncesto. O equipo sénior masculino desprazouse ata o Grove para medirse ao conxunto local, o Meco. Na ida os noieses perderon na casa, pero desta volta foron quen de impoñer a súa lei para levarse o partido por 52-60.