Esta mañá a portavoz nacional do BNG reuniuse cos representantes da Plataforma contra os vertidos da mina de San Finx en Noia para mostrarlles o seu apoio. Ana Pontón considera que esta acción terá un efecto devastador sobre a actividade pesqueira e marisqueira, que pon en perigo 5 mil postos de traballo na Ría de Muros – Noia.