Un novo centro formativo da comarca súmase ao proxecto Erasmus +. Trátase do centro de formación profesional Divino Maestro, da Pobra do Caramiñal, que se embarca por primeira vez nesta iniciativa baixo o título “formación en centros de traballo para promover a inclusión dende o rural a Europa”. Grazas a isto, catro alumnos do centro realizarán as prácticas dos seus ciclos en outros países da Unión Europea.

