O pasado luns a oposición de Ribeira tumbou a proposta do Goberno local de mercar uns terreos en Cobeliños para albergar o novo centro de saúde. O alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, sinala que é preciso unha zona na que se poida construír unha infraestrutura de máis de 3.700 metros cadrados e o único lugar que cumpría os requisitos era o que presentaron.

