Esta mañá o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou as instalacións da firma de orixe nipón Resonac Graphite Spain situadas na Coruña. Nese escenario, o presidente da Xunta destacou que o interese desta empresa xaponesa por consolidarse en Galicia confirma o potencial da comunidade para liderar industrias que farán unha sociedade máis sostible.

