O bo tempo anima á xente a saír á rúa, pero tamén a mercar. Roupa, alimentación ou calzado son só algúns dos artigos que pode atopar un polo mercado da Pobra do Caramiñal. A pesar de celebrarse durante a semana, a afluencia é moi grande. Inflúe o feito de que moitas persoas se atopan desfrutando das súas vacacións e tamén os turistas instalados na comarca da Barbanza. Por esta razón, a xente non duda en soltar máis cartos en comparación ao inverno.
